Satrapa

0

FACTORÍA DE ANDROIDES | by SÁTRAPA

 

Factoría de Androides é un proxecto artístico que leva a cabo o artista multidisciplinar Sátrapa.

Trátase de crear pequenas esculturas a partir de materiais de refugallo: latas, pezas de aparellos eléctricos, madeira de palets ou caixas da froita, contadores…

O mundo da robótica ten moi boa acollida entre os rapaces e rapazas de distintas idades. Os visitantes que acuden ao noso stand nas mostras ou feiras nas que participamos transmiten o seu desexo de poder facer algo deste tipo nas súas casas.

 

Recollendo estas inquedanzas deseñamos un OBRADOIRO DE ROBOTS para nenos e nenas a partir de 8 anos:
• Con materiais e ferramentas moi sinxelos, evitando riscos: cartón marrón dunha capa, tesoiras, cola e pinturas de calquera tipo.
• A partir dunha plantilla base e engadindo capas vaise formando o tronco, a cabeza e as extemidades.
• Cada participante no obradoiro pode aportar as súas ideas e crear unha figura única.

 

Obradoiro de Robots | Factoría de Androides by Satrapa

 

No obradoiro incluímos unha pequena mostra dos robots “auténticos” para que os nenos e nenas poidan comprobar as posibilidades de reciclar materiais e crear obxectos visualmente interesantes.

Trátase, pois, de traballar a creatividade desenvolvendo actitudes de conservación do entorno a través da reciclaxe.

 

Obradoiro de Robots | Factoría de Androides by Satrapa

 

CONDICIÓNS XERAIS DO OBRADOIRO:
• Número de participantes: 25 máx.
• Idade: a partir de 9 anos (podería ser a partir de 6, acompañados por unha persoa adulta).
• Previamente enviamos a plantilla do corpo e outra do tronco, para que traian iniciado o traballo e poder axilizar a actividade. Deben traer a plantilla sobre cartón marrón dunha capa, non plastificado, e 6 cartóns para o corpo xa pegados entre si pero non á plantilla (2 grupos de 3 cartóns rectangulares para o tronco).
• O artista aportará cartóns cortados de tamaño axeitado para o resto do traballo.
• O colexio ou entidade organizadora procurará o material preciso: tesoiras e cola blanca de secado rápido. Opcional: taladro para perforar papeis.
• Duración da actividade: 3/4 horas.
• Custo: 250 € (impostos non incluídos).

Máis información:
• Web: www.satrapa.es
• Facebook: Gran Sátrapa
• Correo electrónico: info@satrapa.es
• Teléfono: 639 18 12 01